THORKEL nace co obxectivo de ofrecer unha tenda única arredor da simboloxía viquinga e manter o espírito dos antigos exploradores e a súa mitoloxía.
Obxectivo
Partimos da nosa propia necesidade, vendo a gran dificultade de atopar accesorios para os viquingos modernos que cumprisen coas nosas expectativas. En THORKEL buscamos ofrecer complementos de home e muller de estilo nórdico ou viquingo, garantindo a calidade do produto e a confianza durante o proceso de compra.
Valores
✔ Ofrecer produtos de calidade.
✔ Garantir a seguridade do pago.
✔ Atención personalizada.
✔ Garantía de satisfacción ou reembolso.